¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
No escenario do Teatro Principal coas outras empresas premiadas


Recibimos o premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Os Premios Manuel Beiras recoñecen e poñen en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación

O Teatro Principal acolleu a gala de entrega dos Premios Manuel Beiras, que foi conducida polo grupo Os da Ría. Ao evento asistiron representantes do tecido empresarial da cidade así como membros da Corporación Municipal, da Cámara de Comercio e da familia Beiras. O xurado estivo este ano composto por representantes do Concello, da Cámara de Comercio de Santiago, ademais da Universidade de Santiago, o Colexio Oficial de Xornalistas, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Unión de Consumidores de Galicia, e representantes de cada unha das empresas premiadas na edición anterior: Creativas Galegas, Vide Vide! e Código Cero.

Esta cooperativa foi galardoada co premio á nova incorporación ao uso do galego. Dentro vídeo. 

 

 

 

Álex, Cristina e Rebeca subiron ao escenario para recoller a escultura creada polo artista Acisclo Manzano para estes galardóns e que pesa bastante. Rebeca foi a encargada de falar en nome da cooperativa. Agradeceu ao Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela o convocar estes premios e mandou unha aperta a Ana, socia da cooperativa que non puido asistir ao evento.

"Este recoñecemento supón moitas cousas para nós. Sentímonos agradecidas e honradas, mais tamén motivadas e concienciadas para seguir traballando como o vimos facendo ata o momento, en galego, en Galicia, apoiándonos nos valores da economía social e nos principios do cooperativismo", explicou ao auditorio. 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar